Santiago busca un novo servizo de comedor escolar
O Goberno sacou a licitación o servizo de comedores escolares que viron nos últimos anos unha perda de calidade que recolleu moitas críticas por parte dos pais e nais dos nenos
O pasado 15 de agosto a Xunta de Goberno Local daba inicio o trámite para iniciar o procedemento aberto do servizo de comedor e do personal de monitoraxe para os centros de educación infantil e primaria que dependan directamente do concello.
Nestes pregos póñese como gasto máximo de máis de un millón de euros, dos que dos que 114.994,44 euros corresponderían á anualidade 2019 e 929.855,56 euros á anualidade 2020. Ademáis, o almorzo pasará a ser de 2,10 euros e 5,88 euros para o xantar, cantidades ás que hai que sumarlle o IVE.
Esta situación ven dada polo coflito dos últimos cursos dun servizo que tiña moitos problemas e queixas dos pais e nais dos rapaces que usaban os comedores escolares nos que queixábanse da calidade da comida. Precisamente, Bugallo afirma que as reivindicacións que máis lle chegaron foron nese senso.
O Concello espera que o novo servizo de comedor escolar poida poñerse en funcionamento a partir de xaneiro de 2020, con importantes novidades e melloras na calidade e na variedade da comida. Un deles é a proximidade das cociñas nos que se preparen os menús dos centros.
Cómpre lembrar que os centros que contan con estes servizos son o Apóstolo Santiago, Cardeal Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores
CRÍTICAS POLOS PREGOS DO CONTRATO
Unha das críticas máis destacables ven por parte do BNG que considera "un parche" e unha "falta de proxecto" a licitación do servizo de comedores escolares. Os nacionalistas apostan pola licitación en dos bloques no que se faga por unha parte o servizo de transporte e elaboración da comida e polo outro lado o monitoraxe dos comedores.
Consideran que a licitación nun único prego pode facilitar que as empresas multinacionais poidan acceder con máis facilidade a este tipo de concursos en detrimento doutras máis pequenas que non poden ofrecer o servizo completo.
Ademáis unha das reprobacións máis importantes é a distancia máxima que se recolle nos papeis. Nese apartado fala dun máximo de 180 quilómetros o que faría posible que moitas empresas da Mariña luguesa ou mesmo desde Viana do Castelo, en Portugal, poidan ofrecer ese servizo perdendo o criterio de cociña de proximidade.
SUBA DE 0,90 CÉNTIMOS
Bugallo aclarou onte que a suba de 90 céntimos por usuario "deriva estritamente do estudio económico recibido". En calquera caso, dixo, "isto sae a licitación e as empresas poden ofrecer melloras en calidade –que é o que esperamos que ofrezan- e en prezo". Reiterou que o obxectivo do prego é a "mellora da calidade" e indicou que a previsión é que o novo servizo poida entrar en funcionamento en xaneiro.
MENÚ 100% VEXETAL
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber propuxeron que a licitación dos comedores escolares de Santiago inclúa a partir dos próximos cursos a posibilidade dunha opción 100% vexetal, co obxectivo de non excluír a unha crecente porcentaxe de nenas e nenos que se alimentan baixo este criterio
LIBERA! e a Fundación Franz Weber explican que esta proposta non trata de "impoñer criterios alimentarios á cidadanía", senón incluír como opción que o menú 100% vexetal poida ser escollido en igualdade de condicións por calquera familia, tal e como xa ocorre nos comedores escolares de Euskadi, onde o Goberno vasco introduciu esta medida para partir do curso 2012-2013. .