miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido un operario ao caerlle encima una póla mentras traballaba nun monte da Pobra do Brollón

Ferido un operario ao caerlle encima una póla mentras traballaba nun monte da Pobra do Brollón
Ferido un operario ao caerlle encima una póla mentras traballaba nun monte da Pobra do Brollón

Os feitos tiveron lugar uns minutos antes das 18:45 horas de onte

Un traballador resultou ferido a pasada tarde ao caerlle unha póla encima mentres traballaba no monte, concretamente no lugar de Pinel, na Pobra do Brollón.

Os feitos tiveron lugar uns minutos antes das 18:45 horas. Nese momento unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral.

Nada máis ter constancia, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar do suceso, aínda que, finalmente, o operario foi evacuado nunha ambulancia ao hospital de Monforte.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos voluntarios de Protección Civil da localidade e da Garda Civil.

Comentarios
Lo más