miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Esixen medidas de videovixilancia para a protección da igrexa de Santa Susana

Esixen medidas de videovixilancia para a protección da igrexa de Santa Susana
Esixen medidas de videovixilancia para a protección da igrexa de Santa Susana

Os Populares, unha vez máis, instan ao Executivo local a que aumente a vixilancia para evitar a reiteración dos actos vandálicos que atentan contra o patrimonio

O Grupo Municipal Popular advírtelle ao Goberno de Sánchez Bugallo que “de nada valerá limpar as pintadas na igrexa de Santa Susana na Alameda santiaguesa se non se adoptan medidas de protección, como a instalación dun sistema de vídeo vixilancia, tal é como ven solicitando o grupo que dirixe Agustín Hernández desde hai anos.

Os Populares, unha vez máis, instan ao Executivo local a que aumente a vixilancia para evitar a reiteración dos actos vandálicos que atentan contra o patrimonio, pero este control non pode consistir so na presenza de efectivos da Policía Local, porque dita medida é claramente insuficientes, polo que se fai necesario, tal e como o tempo e os feitos fan ver, buscar outros métodos máis operativos.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular insiste en que un sistema de vídeo vixilancia sería o modelo máis adecuado, xa que permitiría ter a zona vixiada de forma constante.

Cabe lembrar que desde o ano 2017, o Partido Popular ven presentando distintas proposicións ao Pleno, iniciativas estas que contaron co apoio do Grupo que agora está na alcaldía, polo que os Populares esperan que se poña en marcha o aprobado e non se siga co sistema empregado polo anterior Goberno, que era desprezar os acordos que se aprobaban en Pleno, sobre todo, os que eran presentados por forzas políticas diferentes a Compostela Aberta.

Así mesmo, o Grupo Municipal Popular reclama a recuperación e o coidado do recinto de Santa Susana, onde as pintadas e os estragos seguen a proliferar, polo que se fai necesaria unha maior dedicación na súa de limpeza e acondicionamento da totalidade da contorna, así como tamén o desenvolvemento de actuacións de mellora da iluminación.

Un dos elementos máis afectados polas accións vandálicas segue ser a porta da entrada principal románica, chea de pintadas ao igual que a da edificación auxiliar próxima.  

IMPORTANCIA ARTÍSTICA E HISTÓRICA

O abandono deste recinto contrasta coa súa relevancia para a cidade de Santiago tanto desde o punto de vista da súa situación, onde ocupa o lugar máis elevado da céntrica Alameda, como no relativo á súa importancia histórica e artística, posto que a igrexa é de finais do século XVII pero conserva varios elementos románicos dun antigo templo que no mesmo lugar –no antigo “outeiro dos Poldros”- mandara construír no século XII o arcebispo Xelmírez e no seu adro mantíñanse as reunións do Concello de Santiago durante a Idade Media.

O recinto da igrexa de Santa Susana fora obxecto dunha importante actuación de rehabilitación entre os anos 2013 e 2014, coincidindo cunha ampla remodelación da Alameda. 

Comentarios
Lo más