Aforo completo na ofrenda da Virxe de Lourdes na ermida de San Xoanciño
A misa comezou a 13:00 horas do mediodía, pero a esa hora xa era imposible asistir á ceremonia
Este domingo, na capela de San Xoanciño de Pousada, en Ames tivo lugar a súa tradicional ofrenda á Virxe de Lourdes. Trátase dunha ofrenda floral nas inmediacións da ermida. Comeza aos pes da igrexa e continua todo por unha costa ata darlle a volta ao cruceiros que está diante da mesma. Todas elas estaban elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada maís a xuda da veciñanza e o concello de Ames.
A misa empezou a 13:00, pero a esa hora resultaba imposible entrar debido ás pequenas dimensións da capela e a afluencia de xente que tivo este evento. Relatan veciños que se quedaron fóra, que lles foi imposible entrar e iso que chegaran puntuais. Cabe destacar que esta tradición só leva 10 anos vixente
A misa estaba acompañada do coro parroquial de Ames e Piñeiro e fóra atopábase a Asociación Cultural Os Castros, un grupo de música tradicional galego que lle daban un toque músical ao rematar a ceremonia.
En canto ao conxunto de alfombras florais, estará formado por un tapiz principal de máis de 60 metros e dous máis pequenos colocados no soportal da capela e precedendo á alfombra central. Ao igual que en anos anteriores, a composición é elaborada partindo dun deseño a tamaño real realizado por frai Luís de Oseira. Entre os materiais que se empregan para a súa elaboración destacan a sal, café, tulla, restos de serraduras, varios tipos de flores e terra para perfilar.
Os traballadores que se encargaron do tapiz comezaron con máis dunha semana de antelación, para a preparación dos materiais que utilizan. Nos traballos de elaboración das alfombras, no exterior da capela, participan máis de 25 persoas de varios lugares do municipio.