miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta de Galicia quere implantar un desconto nas autoestradas galegas que ten competencia

A Xunta de Galicia quere implantar un desconto nas autoestradas galegas que ten competencia
Imaxe de arquivo
A Xunta de Galicia quere implantar un desconto nas autoestradas galegas que ten competencia

Os beneficiarios deste desconto serán as familias numerosas

As familias numerosas galegas poderán obter un desconto nas peaxes das autoestradas, aínda que en principio só se aplicará dito desconto ás que teña en propiedade a Xunta de Galicia, é decir a AG-55(A Coruña-Carballo) e a AG-57 (Vigo-Baiona).

Este proxecto forma parte da Lei de Impulso Demográfico de Galicia. Un compromiso co que a Administración autonómica pretende axudar ás familias que posúan o título de familia númerosa con tres fillos como mínimo ou senón dous e que un membro da familia teña discapacidade alomenos dun 33%

Esta medida abre a posibilidade de que introduzcan modificacións nas tarifas das autoestradas de Galicia, a cal, é a única que non contempla un rebaixa para diferentes colectivos, tarifas horarias, baixo nivel de emisións... que outras si o teñen en conta. Por exemplo, na autoestrada AP-41 Madrid-Toledo conta cunha rebaixa de un 10%, así como a AP-7 entre Cartaxena e Vera. 

Os colectivos que contan con este pequeno desconto, son os menores de 25 anos, os maiores de 65 ou xubilados, familias con rentas baixas, ou discapacitados.

A día de hoxe a Xunta aínda non ten claro a rebaixa que pode implantarse nas autoestradas baixo a súa competencia, como tampouco non pon data para poñer en marcha a rebaixa do 50% aos usuarios nocturnos. 

En calqueira caso, xa están pensando que se a AP-9 é traspasada á Galicia nalgún momento tamén se implantarán estas medidas.

 

Comentarios
Lo más