miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A galega Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos facendo historia

A galega Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos facendo historia
twitter @teriportela
A galega Teresa Portela clasificase para os xogos olímpicos facendo historia

A muller natural de Cangas fará historia tras ser a primeira muller de España que competirá por sexta vez nuns xogos olímpicos

Con 37 anos de idade, Teresa Portela clasifícase para os xogos olímpicos de Toquio tras conseguir a medalla de bronce en K1 200 no mundial de Hungría. Este triunfo conleva a Portela a conseguir a súa 15º medalla como padexeira.

Teresa Portela fai historia, xa que vai ser a primeira muller en España que participe por sexta vez nuns xogos olímpicos. A canguesa relata que esta medalla pese ser de bronce "sábelle a ouro". Portela queríase clasificar como fose e tiña que quedar entre as 5 primeiras para poder viaxar a Toquio, o final estivo moi apretado, tanto que houbo que revisar a foto finish para averiguar que posto conseguira. 

A de Portela non é a única medalla que veu para o Morrazo destes campionatos do mundo. De ouro gañouna Pablo Graña no C2 cincocentos. Con vinte anos Graña xa pasou de promesa a realidade. O tomiñés Roi Rodríguez e o cangués David Barreiro tamén estiveron na final A pero quedaron afastados desas cinco primeiras prazas. 

Comentarios
Lo más