A Xunta implantará cursos de defensa persoal para enfrontarse a agresións machistas
Así o comunicou a Xunta de Galicia durante o pasado sábado. Estes cursos serán impartidos por profesionais de Fegaloita
A Xunta en colaboración coa Federación Galega de Loita están impartindo cursos de defensa persoal para que as mulleres teñan as capacidades axeitadas para previr unha situación de violencia machista.
Os cursos estanse a repartir por moitas localidade galegas, concretamente un total de 60 concellos. A Administración galega está a ofrecer esta actividade a aqueles municipios que adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, a cal hoxe en día engloba a máis de 200 concellos.
As próximas convocatorias se´ran no mes de setembro en oito concellos: Na estrada do día 3 ao 17 de setembro, en Ortigueira do 9 ao 11, en Baiona e en Cerdido entre o 14 e o 28, Muxía e en Teo do 23 ao 25, no Carballiño nos días 24 e 25 e en Arteixo do día 27 e o 28.
Este curso de defensa persoal e autocapacidade para a prevención de situación de violencia de xénero chegarán a outros 35 municipios durante o último trimestre do ano
A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, "facilita á Federación Galega de Loita material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia de xénero para distribuílo nas súas accións formativas e pon ademais á súa disposición contidos sobre violencia de xénero para incluír no seu programa formativo".
Por putra banda os instrutores de Fegaloita están cualificados e puseen experiencia de abondo para enseñar as técnicas apropiadas ás participantes nos cursos de defensa persoal.
Ademais estes cursos tamén inclúe exposicións e iniciativas de concienciación,obradoiros educativos ou programas de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas