Implicados dous conductores nun accidente en Taragoña, un deles sen carné
20:05 24/08/19
20:05 24/08/19
O sinistro produciuse onte pola noite na AC-305 no lugar do Ourolo
Na estrada AC-305 á altura de Taragoña, dous vehículos colisionaron entre si pasadas as 23:30 horas provocando que un dos conductores resultase ferido e se producciran cuantioso danos materiais mentres que o outro tiña o carné retirado por orde xudicial, este mesmo tamén foi denunciado por triplicar a tasa máxima de alcol permitido.
Ata o lugar do sinistro acudiron unha ambulancia do 061, bombeiros de Boiro, Protección Civil de Rianxo, Policía Local e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.
De momento coñecese que o estado da persoa que resultou ferida non reviste gravidade maisfoi trasladada polo equipo sanitario para a realización das probas pertinentes.