O Goberno central reunirase con Ryanair na primeira quincena de setembro
O Goberno quere coñecer cales son os motivos polos que ten previsto o peche de varias bases en España
O Goberno reunirase ca aeroliña irlandesa na primeira quincena de setembro para coñecer de primeira man cales son as razóns polas que a compañía ten previsto pechar catro das treces bases que operan en España.
Os reprensentantes do Goberno que asistaran á reunión con Ryanair son o Ministerio de Fomento e Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ao igual que o Goberno de Canarias e representantes de Aena e a Generalitat de Catalunya.
O Goberno español aínda non ten unha data concreta desta reunión, pero vai tentar que a situación teña o mínimo impacto posible en todas as localidades onde se teña prevista a suspensión dos contratos.
A situación que máis preocupa ao Goberno é a que pode sufrir Canarias, onde a compañía xa anuncio ao Goberno canario o peche das tres bases do arquipélago (Las Palmas, Lanzarote e Tenerife Sur)
Ryanair comunica que ten previsto un despido colectivo que pode afectar a 512 tralladores, dos cales, 392 son tripulantes de cabina e 120 pilotos. Concretamente o axuste de plantilla ten previsto afectar a 164 persoas en Girona, 156 en Tenerife Sur, 110 en Las Palmas e 82 en Lanzarote.
Isabel Oliver, secretaria de Estado de Turismo señala que a competencia desta cuestión atañe a Fomento e que de momento descoñece a cuatificación do impacto do peche destas bases en relación ao turismo e tráfico aéreo.
Oliver quiso recordar ante os medios de comunicación que as subvencións ás aerolíneas "non se fan desde o Goberno central, nin se fixo en ningún caso", polo que da a entender que son as comunidades autónomas xunto ca Unión Europea as encargadas de subvencionas ás compañías aéreas.