Atopan o corpo dun home na praia de Arealonga, en Vigo
O varón era un veciño da zona que tiña arredor de 80 anos
Este venres, un veciño de Vigo perdeu a vida tras atoparse o seu cadaver na praia de Areaolonga flotando, en Chapela, Vigo. O home duns 80 anos anos presenta un golpe na cabeza, polo que a Policía Nacional continúa ca investigación aberta mentres baralla algunha das hipótesis da morte do home.
De momento, descártase unha morte violenta e todo parece indicar que se trata dun accidente mentres estaba pescando. Fontes policiais afirman que o máis seguro é que caera á auga mentres pescaba. Ademais, próximo á zona onde atoparon o corpo, localizaron os apeiros de pesca.
Un particular foi o encargado de avisar ós equipos de emerxencia avisando da presencia dun corpo varado na zona de Teis, preto da praia en torno ás 11:00 horas
Nese momento desprazáronse ata o lugar o 061, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Policía Local, Nacional e Garda Civil. Unha vez confirmado que o corpo se podía rescatar por terra anularon os servizos marítimos.