miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Abel Caballero: "Vigo é o no va máis do turismo"

Abel Caballero: "Vigo é o no va máis do turismo"
Abel Caballero: "Vigo é o no va máis do turismo"

O alcalde da cidade olívica celebra os datos do turismo da cidade

Os datos de ocupación hostaleira difundidos este venres polo INE ratificaron no seu optimismo ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen dixo en rolda de prensa que a cidade vive "unha explosión de turismo" e que as cifras de visitantes son o "no va máos".

O INE sinala que o número de pernoitas nos hoteis e hostais de Vigo experimentou en xullo un incremento interanual do 10,26 por cento, con máis de 103.000 persoas que polo menos pasaron unha noite na localidade.

"Soamente fai tres ou catro anos, imaxinar que iamos ter este nivel de ocupación en Vigo era unha quimera", dixo o alcalde, para quen Vigo é xa un destino turístico de primeiro nivel, como demostra que a ocupación por habitación en xullo estivese nun 81,87 por cento.

Os datos de xullo dan continuidade aos de xuño, ata hoxe os mellores da serie histórica, e sinalan que nos sete primeiros meses do ano o crecemento dos visitantes que dormen en Vigo é dun 13,27 por cento con respecto aos datos de 2018.

"Seguimos mellorando, mellorando e mellorando", expresou ufano o alcalde, quen advertiu de que "isto vai seguir" e que Vigo vai ter " o mellor Nadal que nunca puidemos imaxinar".

Comentarios
Lo más