Medio cento de cativos participaron na sesión do programa Ler Conta Moito da Biblioteca de Boqueixón
11:07 25/08/19
11:07 25/08/19
Así, as situacións da vida cotiá que se representaron neste espectáculo buscan fomentar unha sociedade chea de respecto entre iguai
Medio cento de cativas e cativos participaron o venres nunha nova sesión do programa Ler Conta Moito, promovido pola Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón. Nesta ocasión, ofreceuse o espectáculo Xogo Revolto, de Marionetas Trécola.
A través desta actuación e dunha historia do máis amena, Marionetas Trécola fomentou a educación emocional entre a cativada, libre de estereotipos e de violencia de xénero. Así, as situacións da vida cotiá que se representaron neste espectáculo buscan fomentar unha sociedade chea de respecto entre iguais.