Atopan o corpo sen vida dun home flotando nunha praia de Vigo
As Forzas da Orde investigan agora as causas do fatídico suceso
Dez minutos antes das 11:00 horas desta mañá, unha persoa particular comunicaba o achado ao 112 Galicia. Indicaba que se atopaba na zona de Teis, na baixada á Praia de Arealonga.
De inmediato, foron informados ademais do Servizo de Urxencias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación e o Servizo de Garda Costas de Galicia. Así mesmo, pasouse aviso á Garda Civil, que tamén desprazaba ao punto unha patrulleira, á Policía Nacional, Local e aos efectivos de Protección Civil.
Tras chegar ao lugar, os medios desprazados comprobaron que o cadáver estaba totalmente accesible, polo que se descartaron os medios de rescate.
As Forzas da Orde investigan agora as causas do fatídico suceso.