O Amazonas continúa ardendo
Non se coñece unha cifra exacta da superficie queimada ata o momento, debido a que os incendios seguen en activo
En primeiro lugar hai que aclarar que non é un único incendio, senón moito focos propagados por todo o Amazonas. Según explica Paulo Moutinho, investigador do IPAM (un organismo de de investigación do Amazonas). "O alarmante aumento dos incendios na Amazonía brasileira débese en gran parta ó avance da deforestación e non á temporada seca, tal e como sostén o goberno de Jair Bolsonaro".
Tal e como son as condicións da selva, o lume propágase a unha velocidade récord, pero hai que apuntar que a meirande parte deles orixináronse de maneira intencionada por agricultores que buscan limpar a area para cultivar. Só as dimensións da cunca amazónica (a cal engloba os países do sur de sudamérica) deforestada equivale ao tamaño de Francia.
Tras unhas declaracións do ministro de Medio Ambiente, Ricardo Salles, dixo que os lumes débense ao tempo seco e a calor, pero Moutinho saca un par de conclusións. Este ano non temos un sequía demasiado pronunciada, e sen embargo hai un aumento máis que sustancial dos incendios, esto evidencia que unha "tempara seca" non é nin moito menos o factor predominante desta catástrofe natural.
O lumes utilízanse para limpar areas deforestadas, para abrir novos camiños e para preparar as terras de cultivo, unha práctica demasiado habitual na pobocación de Brasil.
Nunha entrevista a Paulo Moutinho, aclara que a cunca amazónica deforestada equivale a un 20% da selva, mais todavía queda un 80 por cen. O INPE rexistrou 2.254 kilometros deforestados no ía de ano, o que supón un 278% máis de terreo deforestado respecto o período anterior.