Corte de tráfico na rúa da Acibechería
06:30 26/08/19
06:30 26/08/19
Serán os días 26 e 27 de agosto mañá as 15:00 e as 20:00 horas
Con motivo de obras de reparación na rede de saneamento, o vindeiro luns 26 e o martes 27 de agosto, entre as 15:00 e as 20:00 horas, vai quedar cortada ao tráfico a rúa da Acibechería, no tramo comprendido entre a praza da Inmaculada e a vía Sacra, permitíndose unicamente o paso de peóns.
Durante estes dous días e durante o horario indicado, os vehículos que entren dende a praza de Cervantes terán que seguir pola rúa do Preguntoiro.