miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A IV Cronoescalada Monte Iroite recolle inscricións ata o vindeiro mércores 28

A IV Cronoescalada Monte Iroite recolle inscricións ata o vindeiro mércores 28
A IV Cronoescalada Monte Iroite recolle inscricións ata o vindeiro mércores 28

A proba, non competitiva, celébrase o 31 de agosto e conta con modalidades de BTT, E-bike BTT, trail e estrada nun percorrido de 8 km

A cuarta edición da Cronoescalada Monte Iroite, programada para o sábado 31 de agosto, admite a inscrición de participantes ata a medianoite do vindeiro mércores 28 de agosto. Así o destacaron onte os seus responsables no acto de presentación da proba no Concello de Noia. O acto contou coa presenza do alcalde de Noia, Santiago Freire; a concelleira de Deportes, Laura Salgado; e Juan Carlos Fernández e José Manuel Ulloa, secretario e tesoureiro de Club Peña Ciclista Toxo, entidade organizadora do evento deportivo.

Poden participar nesta proba, que non ten carácter competitivo, persoas de entre dezaseis e setenta anos de idade. As inscricións poden efectuarse a través da plataforma dixital Galitiming. Hai un máximo de 150 prazas, que se asignarán por orde de anotación. Existen tres modalidades: unha cicloturista BTT e E-bike BTT, outra cicloturista de estrada, e unha terceira de trail. A utilización da E-bike BTT é unha novidade este ano. 

A saída efectuarase desde o campo de fútbol de Argalo en Noia. Os participantes de BTT, E-bike BTT trail terán o punto de chegada no alto de Guiende, en Lousame. Os de estrada chegarán ata o alto do Iroite. A recollida de dorsais para a modalidade de bicicleta está prevista a partir das 16:15 horas e a saída darase a partir das 17:00 horas, deixando un minuto entre cada participante. A recollida de dorsais para o trail iniciarase ás 18:00 horas. Esta proba comezará en canto remate a de bicicleta e tamén dará saídas individuais. 

A IV Cronoescalada Monte Iroite conta coa colaboración do Concello de Noia, a Deputación da Coruña e a Cruz Vermella de Noia. Está patrocinada por Rótulos Orixinal Imaxe, MC Biles Noia, Reale Seguros Ramón Calvo Noia, Carpintería Manuel Batalla Blanco e Cerraxería Chico.

Comentarios
Lo más