miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Policía Autonómica e Axentes Medioambientais esclarecen un incendio en Pontevedra

Policía Autonómica e Axentes Medioambientais esclarecen un incendio en Pontevedra
Policía Autonómica e Axentes Medioambientais esclarecen un incendio en Pontevedra

No que vai de ano, un total de 59 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica, xunto con facultativos medioambientais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Pontevedra.

Os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Pontevedra, en colaboración con axentes facultativos medioambientais, procederon a tomar declaración como investigado a un home como presunto autor dun lume forestal que tivo lugar o pasado 3 de agosto na parroquia de Canicouva, que afectou a unha superficie de 0,1 hectáreas de monte arbolado.

O incendio foi provocado por unha neglixencia durante o lanzamento de foguetes de artificio ao non comprobar que había lume nos dispositivos pirotécnicos disparados.

As dilixencias remitíronse ao xulgado de garda de Pontevedra.

No que vai de ano, un total de 59 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

Comentarios
Lo más