miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Trapecio volante", de Kanbahiota Troup estará este xoves na Quintana

"Trapecio volante", de Kanbahiota Troup estará este xoves na Quintana
"Trapecio volante", de Kanbahiota Troup estará este xoves na Quintana

Dende o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario

Este xoves, ás 19:30 horas, a praza da Quintana serve de escenario para o espectáculo de novo circo Trapecio volante, con Kanbahiota Troup. A entrada é libre e para todos os públicos.

Catro trapecistas, unha barra e unha estrutura de trapecio volante. Só hai que conseguir axustalo para poder conquistar o aire con acrobacias, non sen algunha caída inesperada .

Visitaron medio mundo cos seus espectáculos: Palestina, Brasil, Sáhara, Francia, Italia, Colombia, Uruguai, Portugal... Kanbahiota significa reviravolta en brasileiro. Do seu nome até a súa esencia, todo pasa polo movemento.

Dende o ano 2002, esta compañía fai do aire o seu escenario. Aprópianse do vento nas prazas e do ambiente no teatro. Calquera recinto é perfecto para acoller o seu característico talento e as súas depuradas técnicas aéreas. Os malabares, a danza, o circo e a maxia son as ferramentas destes artesáns do espectáculo.

Abraham Pavon, Rossina Castelli, Jesus Aragoneses e Luis Boza forman o elenco da compañía nesta representación, duns 20 minutos de duración.

Comentarios
Lo más