miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha saída de vía en Rábade sáldase con dous feridos

Unha saída de vía en Rábade sáldase con dous feridos
Unha saída de vía en Rábade sáldase con dous feridos

O accidente ocorreu a noite pasada, ao fío das 21:00 horas de onte

Dúas persoas resultaron feridas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban ao seu paso pola localidade lucense de Rábade.

O accidente ocorreu a noite pasada, ao fío das 21:00 horas de onte. Foi a esa hora cando un dos ocupantes do turismo chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que se saíra da vía cando circulaba pola N-VI, dirección Coruña, moi preto da localidade de Rábade. El puidera saír do turismo pero a súa compañeira quedara atrapada no seu interior e necesitaban asistencia sanitaria.

A partir de aí, desde o 112 Galicia ademais de poñer en alerta ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informouse aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, tras indicar os axentes que varias sinais da vía resultaron danadas debido ao accidente, os xestores do 112 solicitaron axiña a intervención do persoal do servizo de mantemento e de limpeza da vía.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración dun dos feridos. 

Comentarios
Lo más