Ferida unha persoa que practicaba paracaidismo en lancha motora en Sanxenxo
Os feitos tiveron lugar ao fío das 18:30 horas
Unha persoa resultou ferida onte á tarde ao caer ao auga mentres facía paracaidismo en lancha motora na praia de Silgar, en Sanxenxo. Os feitos tiveron lugar ao fío das 18:30 horas.
Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido e, acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado.
Ademais, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, ao GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda Civil.
Segundo puido saber o 112 Galicia, a persoa accidentada foi sacada da auga por varias persoas particulares, que a levaron ata o porto deportivo de Sanxenxo onde recibiu asistencia.