Segue o aumento de temperatura en Compostela
08:00 21/08/19
08:00 21/08/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 27ºC
O mércores mantense a influencia das altas presións sobre Galicia, aínda que con aire frío en capas altas da atmosfera que dará lugar a certa inestabilidade.
Así, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, medrando nubes de evolución pola tarde, que poderían dar lugar a chuvascos treboentos nas zonas altas.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima ata os 27ºC.
Os ventos soprarán do norte-nordés, frouxos, con intervalos de moderado.