miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha frixideira provoca un incendio nun inmoble en Combarro

Unha frixideira provoca un incendio nun inmoble en Combarro
Unha frixideira provoca un incendio nun inmoble en Combarro

Unicamente resultaron afectados os mobles e o teito da cociña

En Combarro, sobre as 23:30 horas de onte, o 112 Galicia era informado dun incendio nun piso situado na Avenida de Francisco Regalado, no concello de Poio. 

Os efectivos de Protección Civil de este concello, que se achegaron ao domicilio nada mais ser alertados polo 112 Galicia, indicaron que unha frixideira foi a causa da propagación das chamas. 

Aínda así, unicamente resultaron afectados os mobles e o teito da cociña. Afortunadamente, ningunha persoa precisou asistencia sanitaria.

Ademais de Protección Civil foron informados os profesionais sanitarios, os membros do GES de Sanxenxo, a Garda Civil e os Bombeiros de Pontevedra e de Ribadumia, que cando chegaron e xa extinguido o incendio polos efectivos de Protección Civil, ventilaron a vivenda.

Comentarios
Lo más