miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Belén Rodríguez expón na Casa do Concello de Ribeira a colección "Medusas"

Belén Rodríguez expón na Casa do Concello de Ribeira a colección "Medusas"
Belén Rodríguez expón na Casa do Concello de Ribeira a colección "Medusas"

Trátase dunha mostra formada por 25 obras

A artista de Melide Belén Rodríguez Pazo expón no consistorio municipal, dende o luns 19 de agosto ata o 30 de setembro, a súa colección “Medusas”.

Trátase dunha mostra formada por 25 obras (acuarelas na súa maior parte), todas elas retratos de mulleres que, en palabras da autora, son capaces de “deixar de pedra” a quen as mira, en referencia ao célebre mito grego.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, referiu que esta xa é a terceira exposición que os veciños poden contemplar na Casa do Concello no que vai de verán e agradeceu a súa colaboración para poñela en marcha á comisaria María José Carreira e a Eugenia Gómez, da Galería O Faiado.

Comentarios
Lo más