miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Segue a búsqueda de José Ángel Bandín, o veciño da Estrada desaparecido dende o sábado

Segue a búsqueda de José Ángel Bandín, o veciño da Estrada desaparecido dende o sábado
Segue a búsqueda de José Ángel Bandín, o veciño da Estrada desaparecido dende o sábado

As forzas e corpos de seguridade piden colaboración cidadá para tratar de localizalo

José Ángel Bandín, veciño da parroquia de San Xurxo de Vea, en A Estrada foi visto por última vez sobre as 16:00 horas do sábado tras sair a camiñar e non regresar. A día de hoxe, segue sen coñecerse a súa ubicación e sigue a busca do home

A Garda Civil xa abriu un operativo de busca para atopar a José Ángel Bandin Miguen tras a chamada que realizaron os familiares na mañá do domingo. De momento descoñecense máis datos, pero o home non consta de antecedentes de desaparición. Nestes intres o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias colabora cos axentes na procura de José Ángel. Deste xeito, as aeronaves non tripuladas únense ao operativode busca, ao igual que membros do GES da Estrada, persoal do Servizo Municipal e voluntarios de Protección Civil da localidade. 

SOS Desaparecidos deu a máxima difusión a unha alerta na que xunto á súa fotografía aparecen datos tales como a súa idade, 54 anos, así como trazos físicos (pelo moreno) e outros referentes á vestimenta que levaba a última vez que foi visto, a base de vaqueiro azul, sudadera gris e zapatillas.

As forzas e corpos de seguridade piden colaboración cidadá para tratar de localizalo.

Comentarios
Lo más