miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández reclama que se poña en valor a fonte dos Capitáns e o inicio da ruta do Sarela

Agustín Hernández reclama que se poña en valor a fonte dos Capitáns e o inicio da ruta do Sarela
Agustín Hernández reclama que se poña en valor a fonte dos Capitáns e o inicio da ruta do Sarela

O Grupo Municipal Popular destaca tamén a necesidade de mellorar a accesibilidade do treito de senda que transcorre entre a ponte do Sar e as inmediacións da Colexiata, traballos que xa foron reclamados no pasado mandato

O Grupo Municipal do Partido Popular reclámalle ao Goberno de Sánchez Bugallo que proceda a recuperar distintos treitos dos paseos do Sar, concretamente a fonte dos Capitáns, e Sarela, na zona de inicio desta ruta, coincidinte coa ubicación do xardín botánico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), áreas que se atopan en mal estado de conservación, tal e como se pode comprobar nas fotografías que acompañan esta nota.

A mellora destes ámbitos e o seu mantemento nas debidas condicións é de importancia, especialmente se temos en conta que, ademais da propia veciñanza da zona, son moitas as persoas que circulan por esta área para pasar o seu tempo de lecer.

  1. Os Populares remarcan que, nun momento no que as diferentes administracións están a facer un importante esforzo para recuperar e executar sendas e zonas verdes para o desfrute e mellora de calidade de vida dos veciños, o Executivo municipal santiagués "permite que estes dous puntos estean cada vez en peores condicións".

    O grupo que dirixe Agustín Hernández subliña que a situación do paseo do Sar na zona da fonte dos Capitáns atópase en mal estado, polo que precisa que, de forma urxente, se proceda a súa roza, que se eliminen os graffitis e que se recupere dita fonte, ademais do mobiliario urbano existente.

    No caso da parte inicial do paseo do Sarela, coincidinte coa ubicación do xardín botánico da Universidade de Santiago de Compostela (USC), a situación é similar, polo que urxe a súa roza; a recuperación do itinerario, xa que a maleza impide que se poda percorrer con normalidade; e, ademais, debería contar cunha mellor sinalización.


O Grupo Municipal Popular instan a Goberno socialista a que recupere estas dúas zonas, conscientes da importancia de preservar este patrimonio cultural e natural.

Así mesmo, os Populares destacan a necesidade de mellorar a accesibilidade do treito de senda que transcorre entre a ponte do Sar e as inmediacións da Colexiata. Estes traballos xa foron reclamados no pasado mandato, pero a situación segue a ser a mesma, sen que se levasen a cabo as tarefas de mellora comprometidas.


Comentarios
Lo más