miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un mes na busca de Yago, o mozo desaparecido en Ortigueira

Un mes na busca de Yago, o mozo desaparecido en Ortigueira
Un mes na busca de Yago, o mozo desaparecido en Ortigueira

Dende fai un mes non se volveu a ter noticias deste mozo que foi visto por última vez no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Dende fai un mes as rúas das principais cidades galegas e arredores de Ortigueira colgan o cartel da búsqueda de Yago de la Puente Agulló, o mozo do que desapareceu o pasado 18 de xullo cando acudiu cuns amigos ao Festival do Mundo Celta que se celebrou en Ortigueira. Ese día foi o último momento no que se viu, despois non se volveur a ter máis pistas del.

A familia segue buscando ao mozo organizando batidas pola zona do Festival e nos concellos que están ao arredor. De momento non se teñen noticias e a Garda Civil asegura que a investigación segue aberta para buscar pescudas que poidan dar coa súa localización.

Nas redes sociais segue compartíndose a foto de Yago para todas aquelas persoas que poidan ter idea o algunha pista do seu paradoiro.

Yago mide 1,89 metros, cabelo de cor negro e ollos verdes, ten 28 anos e unha forte complexión. Nos seus brazos e pernas leva varias tatuaxes. Se algunha persoa pode ter pistas ou viu a Yago debe poñerse en contacto coa Garda Civil no 062 o contactar coa asociación SOS Desaparecidos.

Comentarios
Lo más