Un home queda pendurado nunha árbore mentres voaba cun parapente en Ferrol
O suceso aconteceu nunha árbore preto da praia de Doniños sobre as 17:45 horas
Afortunadamente, o home saíu ileso do que pudo ser unha traxedia, non obstante, os medios utilizados para desenganchar o paracaídas foron imprescindibles para que o accidente quedase nun pequeno susto.
Na tarde de hoxe, unha persoa tivo que ser auxiliada polos equipos de emerxencias tras quedar atrapado nunha árbore mentres voaba nun parapente entre a praia de Doniño e Cabo Prioriñoi, no concello de Ferrol.
O equipo de xestores do 112 recibeu a a chamada dun particular alertando que unha persoa quedara pendurada nunha árbore mentres práctiba este deporte de risco. Foi pouco despois das 17:45, cando o 112 Galicia da a voz de alarma aos correspondentes servizos de emerxencias: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ferrol e da Garda Civil, pero ao tratarse dun accidente dun aparello aéreo tamén se informou ao persoal do Aeroporto da Coruña e ao Servizo de Aéreo de Rescate.