Máis de 2.000 persoas desaloxadas nun novo incendio en Gran Canaria
O lume calcinou máis de 500 hectáreas repartidas entre varios concellos da illa
A primeiras horas da tarde do sábado, comenzou un novo incendio nos cantís de Los Pajaritos, situado na localidade Gran Canaria de Vallesco. O terceiro importante declarado nas illas nos últimos 8 días. Todo apunta a que o lume se orixinou por causa humana, aínda que os técnicos non descartan que se pudo iniciar de maneira fortuita.
Os medios aéreos que estaban operando no incendio de Aertenara y Cazadores uníronse ás labores de extinción deste novo lume. Lamentablemente, algúns dos hidroavións que estaba traballando na illa, están de volta á súa respetiva base de candansúa comunidade, pero o Goberno de Gran Canaria xa solicitou o apoio dos avións anfivios unha vez máis. Neste momento, son sete os helicópteros de distintas administracións que están a facer fronte ó lume, aínda que agardan que nas próximas horas se incremente o número de aeronaves na zona.
Gran Canaria atópase en alerta laranxa por altas temperaturas e ao igual que no incendio de Artenera o lume afecta á casco urbano do municipio e aos barrios do seu arredor, o que está a supoñer a evacuación de máis de 2.000 da zona alta de Lanzarote y El Prado, na localidade de Vallesco.
A través do 112 os veciños están recollendo toda a información actualizada dos barrios e vilas desaloxadas por mor do incendio, así como as estradas que están cortadas para os vehículos. Ademais informan dos lugares que habilitan para a seguridade das persoas afectadas neste incendio declarado a primeira hora de mañá de nivel 2.
De momento, coñécese que hai máis de 500 hectareas calcinadas. Non obstante, o lume segue sen controlarse, de feito as previsións indican que hai posibilidade de que o vento cambie, o que dificultaría as labores de extinción na tarde de hoxe.