De novo, bo tempo e festivo en Santiago
As temperaturas máximas serán de 25º mentres ás mínimas de 15º.
O venres agárdase unha xornada na que o anticiclón se irá afastando e a circulación será do oeste. Esta situación deixará un día de ceos despexados no interior, con intervalos de nubes baixas no litoral atlántico. Xa pola noite haberá un aumento de nubes, mesmo con orballos illados no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.
En Santiago os ceos estarán pouco despexados ó comezo, moi anubrados cara a metade e con nubes e claros ó final do período. Agárdanse precipitacións o sábado e o domingo aínda que as temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado. En canto á calidade do aire, non hai moitas variacións, séguese mantendo