Desaloxan unha praia de Valdoviño por avistamento de tiburóns
Agora mesmo atópase ca prohibición levantada, xa que confirmaron que se trataba dunha especie non agresiva
Hoxe, na praia da Frouxeira, en Valdoviño os socorristas decirdiron dar a voz de alarma e prohibir o baño en todo o areal. Foi sobre a 13:00 horas do mediodía cando os socorristas avistaron varias quenllas preto da praia. Ante a posibilidade de ser unha especie agresiva e o volumen de bañistas e surfistas que había na auga, os socorristas, a través da megafonía da Frouxeira obrigaron a saír do mar a todo o mundo incluso foron con silvatos recorrendo toda a costa para que todo o mundo estivera alertado.
Ao principio descoñecían a especie da que se trataba, pero despois os expertos confirmaron que se trataba de 7 marraxos, unha quenlla que é moi pouco frecuente que se deixe ver nas nosas praias e ademais non suele ser moi agresiva.
Foi nese momento no que se levantou a prohibición do baño, aínda que advertiron ós bañistas que non se achegaran demasiado á zona onde se atopaban porque non se sabe como poden reaccionar.
Daniel Arcas, coordinador de praia de Valdomiño, comenta que xa estaban ao tanto dun grupo de tiburóns que andaba na zona, o que non sabía e que foran capaces de achegarse tanto á praia. Daniel asegura que é moi raro que se velos a menos de 4-5 millas, "alí é onde se alimentan e só se achegan tanto ás praias cando están a piques de morrer. Seguramente os vexamos fóra do mar nuns días".