Dase á fuga e conduce 14 kilómetros en sentido contrario na A-55
Na madrugada do mércores, a Policía Nacional de Vigo protagonizou unha espectacular persecución pola A-55.
O suceso aconteceu en torno ás 3 da mañá, cando unha patrulla de policía achegouse ata un Renault Clio e sen ningunha explicación comezou a acelerar saltándose todos os semáforos en vermello, atravesando catro carriles para incorporarse ata a estrada rumbo O Porriño. Inmediatamente, e despois de estar a piques de colisionar con outro coche, a policía dedide iniciar a persecución indicandolle ao conductor que detivera o coche en reiteradas ocasións, pero este respondeu con aceleróns e zigzags para non ser revasado.
Foi a áltura do hospital Meixoeiro, cando o vehículo, de maneira brusca, saíuse da autovía tratando de colisionar co coche da putrulla, nese momento os axentes do 091 reclamaron a colaboración tanto á Garda Civil como ao seu propio corpo. De novo, o sospeitoso volveu á estrada para retomar a fuga, pero non sen antes, facer a imprudencia dun xiro completamente prohibido para meterse de novo pola autoestrada.
Durante a fuxida, os distintos corpos policiais tentaron coordinarse para tapar todas as vías posibles de escape, o que provocou que o Renault cambiara o rumbo en sentido contrario cara Vigo. Nese momento, xa estaba cortado, pero non todos os vehículos estaban ao tanto do temerario conductor, e esto supuso o susto de 4 particulares e unha furgoneta ca que case colisiona.
Na saída de Segade - Bembrive da A-55, despois de conducir 14 kilimotros en dirección contraria, atopouse ca Garda Civil o que non impediu que detivera co coche, de feito choucou contra eles deixando a dous axentes feridos leves, despois da colisión tentou volver facer un cambio de sentido, pero de nada serviu, o pouco espazo que deixaban os vehículos dos corpos policiais era imposible para que se levase a cabo a manobra e foi directo contra o gardarraíl.
Unha vez detido pola Guarda Civil e Policía Nacional tentaron facerlle a proba de alcoholemia, pero este rexeitou o control. Agora está a disposición xudicial no Xulgado de Intrucción número 8 de Vigo.