Xoves festivo de bo tempo
08:00 15/08/19
08:00 15/08/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima chegará aos 25ºC
O xoves agárdase unha recuperación da influencia das altas presións o que nos traerá unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con néboas no interior e nubes baixas no litoral da provincia da Coruña nas primeiras horas.
As temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 15ºC e a máxima chegará aos 25ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.