Afundación de Santiago acollerá en outubro unha exposición fotográfica da Colección Telefónica
Marina Abramovic, Helena Almeida, Pierre Gonord, Vik Muñiz, Cindy Sherman, Zhang Huan ou Thomas Ruff, entre outros serán os autores expostos
Afundación, a Obra Social de ABANCA, dará comezo no outono a un novo ciclo expositivo nas súas salas galegas. A Colección de Arte Afundación, o medio ambiente, o indixenismo pictórico en América Latina ou as matemáticas e a papiroflexia son algunhas das temáticas en torno ás cales xiran as mostras que se inaugurarán a partir de setembro.
Fotografía contemporánea na Colección Telefónica
En colaboración coa Fundación Telefónica, a Sede Afundación Santiago de Compostela acollerá desde o mes de outubro as obras dalgúns dos principais nomes da fotografía contemporánea internacional: Marina Abramovic, Helena Almeida, Pierre Gonord, Vik Muñiz, Cindy Sherman, Zhang Huan ou Thomas Ruff, entre outros.