miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Seguridade A1 desminte calquera tipo de atraso no pago de salarios e desmárcase do grupo EME

Seguridade A1 desminte calquera tipo de atraso no pago de salarios e desmárcase do grupo EME
Seguridade A1 desminte calquera tipo de atraso no pago de salarios e desmárcase do grupo EME

O uso do nome, a imaxe ou o logo de Seguridade A1 para ilustrar estas informacións "é unha confusión que cremos que pode vir dada pola nomenclatura da empresa" que non ten que ver coa empesa compostelán

"Seguridade A1, razón social Sistemas de Seguridade A1, está ao día no pagamento das nóminas do persoal e conta cunha situación económica favorable"; así o declara a empresa nun comunicado despois das informacións que sairon nos últimos días en diferentes medios de comunicación

Despois das informacións publicadas nos últimos días nas que se relacionaba á empresa Seguridade A1 cun atraso no pagamento da nómina aos traballadores, a empresa desminte "rotundamente estes feitos" e informan que o abono dos salarios aos empregados no mes de xullo produciuse, como cada mes, con total normalidade.

O uso do nome, a imaxe ou o logo de Seguridade A1 para ilustrar estas informacións "é unha confusión que cremos que pode vir dada pola nomenclatura da empresa á que se dirixen realmente as acusacións": Servizos de Seguridade Integral e de Mantementos A1, empresa que non ten relación algunha nin mercantil nin xurídica nin laboral con Sistemas de Seguridade A1, tal como se informou neste medio xa que pertence ao grupo EME.

"Sen entrar a valorar as acusacións vertidas á outra compañía, queremos aclarar que a nosa actividade desenvólvese con total normalidade e que non temos ningún tipo de débeda, nin cos nosos empregados nin coa Administración", aclara a empresa.

"Algunhas publicacións facían referencia a unha situación económica delicada e, incluso, se apuntaba que Seguridade A1 figuraba na lista de morosos de Facenda. Sistemas de Seguridade A1 está ao día nos pagamentos á Administración, aos provedores e aos empregados", aseguran dende A1. Actualmente, a empresa conta cunha situación económica favorable.

Comentarios
Lo más