miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rosa Quintana visitou a lonxa de Ribeira co eurodeputado Francisco Millán Mon

Rosa Quintana visitou a lonxa de Ribeira co eurodeputado Francisco Millán Mon
Rosa Quintana visitou a lonxa de Ribeira co eurodeputado Francisco Millán Mon

A titular de Mar e o europarlamentario galego mantiveron un encontro tanto co xerente da lonxa como co patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou esta semana ao eurodeputado e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, na súa visita á lonxa de Ribeira, onde puido comprobar o funcionamento deste centro de primeira venda co obxectivo de trasladar a Europa a realidade da pesca galega.

A titular de Mar e o europarlamentario galego mantiveron un encontro tanto co xerente da lonxa como co patrón maior de Ribeira e presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores para abordar a reforma do regulamento de control pesqueiro proposto pola Comisión Europea e que quedou pendente de tramitación na Eurocámara ao rematar a lexislatura.

A visita serviu para abordar cuestións como a regulación da declaración de desembarque, o diario electrónico de a bordo ou o pesado das capturas así como comprobar en directo o xeito no que se realizan as operacións de desembarque, manipulación e venda do peixe. Este encontro supón dar continuidade á estadía o pasado xullo na lonxa de Ribeira dunha representante da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da UE na que o sector lle trasladou a súa demanda dun novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) que financie o cambio dos motores e a modernización da frota pesqueira. 

De feito, Rosa Quintana e Francisco Millán Mon insistiron hoxe na necesidade desta medida e incidiron na importancia de mellorar as condicións de habitabilidade e seguridade a bordo para asegurar o relevo xeracional no sector pesqueiro galego.

Comentarios
Lo más