miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corrubedo acollerá unha carreira popular de 12 quilómetros de trazado

Corrubedo acollerá unha carreira popular de 12 quilómetros de trazado
Corrubedo acollerá unha carreira popular de 12 quilómetros de trazado

A competición (que cadra na celebración da patroa da parroquia, a Asunción de María, polo que haberá na localidade outras actividades lúdicas para animar a xornada) terá o seu pistoletazo de ás 10 horas coa saída da carreira de adultos dende o porto corrubedán

Tras dous anos sen celebrarse regresa este xoves 15 de agosto a carreira popular de Corrubedo, esta vez organizada da man da Asociación Corrubedo XI Séculos.

A cita foi presentada pola concelleira de Deportes Juana Brión e por Anxo Martínez, vogal da citada entidade veciñal e promotor deste certame dende a súa primeira edición no ano 2014.

As previsións da organización apuntan a rondar o medio milleiro de participantes entre todas as categorías unha vez se pechen as inscricións hoxe martes ás doce da noite.

A competición (que cadra na celebración da patroa da parroquia, a Asunción de María, polo que haberá na localidade outras actividades lúdicas para animar a xornada) terá o seu pistoletazo de ás 10 horas coa saída da carreira de adultos dende o porto corrubedán. Por causas alleas á organización a distancia tivo que experimentar algunhas modificacións no trazado e neste ano abrangará un total de 11.700 metros. Logo de saír do peirao, os corredores subirán pola rúa Delicias ata o monte Facho, bordearán o mar por Espiñeirido, a Cruz dos Mariñeiros, O Corgo e Baleiros ata o faro e dende este icónico enclave regresarán pola estrada xeral e por diante do cemiterio para enfilar outra vez ata o porto.

De seguido terán lugar as competicións con distancias máis curtas; 1.500 metros (para persoas de 12 a 15 anos), 1.000 metros (de 9 a 11), 200 metros (de 6 a 8) e 100 metros (de 0 a 5).

Juana Brión agradeceu aos organizadores que retomasen este certame e animou a veciños e visitantes a inscribirse para participar nun evento que atravesa unhas paraxes de gran fermosura.

Comentarios
Lo más