Un home que fuxía da policía decide tirarse ao mar e finxir un afogamento
Todo ocurreu nas festas do mexilón e berberecho que teñen lugar en Vilanova
A terraza dun bar totalmente destrozada, a orquesta Panorama tocando e o ulor a mexilón e berberecho durante todo o día son os alicientes perfectos para unha historia, alomenos insólita.
Todo comezou cando nun bar na zona de San Amaro o dono invitou a saír ao home de 53 anos, pero para sorpresa de todos, o que non se esperaba ninguén era que collera o coche e arramblara toda a terraza do local. Por sorte, nese momento non había ninguén e non houbo que lamentar feridos. O coche quedou a escasos centimentros de golpear a entreda do local, pero poucos segundos despois desapareceu do lugar dos feitos. Así, o dono aproveitou para avisar ao 112 do que lle acabara de acontecer no seu propio bar.
Rapidamente o organismou dou a voz de alarma á Policía Local para atopar canto antes ao sospeitoso, que non ía ser unha tarea difícil tendo en conta que coñecían o nome completo, a matrícula do vehículo e que ademais era reincidente en altercados similares da zona.
Poucos minutos despois atoparon ao home no porto do Cabo e alí víronse obligados a facerlle a proba de alcoholemia, ante a negativa da persoa, os policías tiveron que aclararlle que é un delito non someterse a ela cando llo require un axente da lei. De súpeto, o home saliu correndo tratando de perderse entre a a xente que estaba desfrutando da actuación da Panorama e en medio da persecución, ao ver que o estaban alcanzando, o home decide unha saída máis acrobática, o vilanovense decidiu tirarse ao mar mentres que as testemuñas que presenzaban esa historia non daban crédito.
Logo, dende a agua, comenzaba a increpar ao axentes, no momento no que se cansou comezou a simular o seu propio afogamento, con sorte(ou non) unha dorna que se atopaba por alí foi en busca do home, xa que indicaba que precisaba auxilios. Unha vez achegado a porto e cos policías rondando as inmediacións, o veciño de Vilanova comenzou a agacharse entre os barcos do peirao. Co temor de que se volvese tirar á auga e ca persoa totalmente identificada, os axentes optaron por enviar o vehículo ao depósito municipal e instruir as dilixencias oportunas.
O individuo enfréntase a un par de delitos, ademais das sancións correspondentes. Según explicaron algún veciño da zona, non é a primeira vez que fai algo parecido, fai pouco tempo, o home empotrou o coche no lateral dunha discoteca ao non deixarlle entrar.