miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O rali Botafumeiro a piques de comezar

O rali Botafumeiro a piques de comezar
Imaxe de arquivo
O rali Botafumeiro a piques de comezar

Nunha xornada chuviosa, a organización revisaba que todos os coches cumprían cos requisitos apuntados

Durante toda a mañá de hoxe, o Recinto Ferial de Amio converteuse nun garaxe-taller para ultimar e revisar os detalles antes da competición. 

Respirábase un ambiente relaxado á par que emocionante e aderezado cun pouco de gasoliña. Cada poucos segundos os motores dos coches facían sacudir o chan de todo recinto e o sorriso do piloto e dos asintentes deixábase notar cada vez que o acelerador chegaba ao seu tope. Particulares, mecánicos e pilotos colapsaron a entrada ao recinto, ata tal punto, que era tarefa complicada entrar co coche ata a esplanada de fóra. 

En forma de ringleira, os coches comezaban a entrar no interior do edificio para pasar a inspección técnica da organización.

REQUISITOS

A organización esixe que todos os coches que vaian a competir cumpran cunha serie de requisitos, ditos requisitos son revisados polos técnicos da organización e no caso de non cumprilos, non poderán correr o rali. Aínda que según algún dos expertos "é moi raro atoparse con alguén que non cumpra con todas as condicións que esiximos, ao fin ao cabo, sería de parvos vir para non poder correr". 

O recinto estaba fraccionado en varias seccións, nas cales se ocupaban dunha tarea en particular. Por un lado entraban os coches, noutro revisábase o motor, máis adiante, verificábase que a gaiola do conductor cumprira ca lexislación e finalmente despois de examinar todo o coche e asegurar que todo estaba en orde, facíaselle entrega do chip a cada coche dos 134 equipos que están inscritos na competición. Este, levaráse metido en todo momento dentro do coche para coñecer cal é a localización exacta, deste xeito, asegúranse que ningún piloto atalle ou se meta por camiños diferentes aos marcados na ruta.

CLIMATOLOXÍA

Pese que o tempo non acompañou na xornda de hoxe, algúns equipos viñan preparados con toldos ca finalidade de que a chuvia non lles entorpecera a labor mecánica. 

Reparacao





Comentarios
Lo más