miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente

Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente
Excarceran a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo nun accidente

Unha vez liberada a persoa, os servizos sanitarios de urxencia encargáronse da súa evacuación

Os Bombeiros de Xinzo excarceraron esta mañá a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismos tras saírse da vía ao seu paso pola localidade de Xinzo de Limia.

No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba ao redor do punto quilométrico 2.500 da estrada que vai do Pavillón de Deportes aos Blancos, no lugar de Parada de Ribeira.

Tras recibir a alerta dun particular, pasadas 08:30 horas de hoxe, o 112 Galicia informou do suceso ademais de ao persoal sanitario, aos Bombeiros, á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez liberada a persoa, os servizos sanitarios de urxencia encargáronse da súa evacuación.

Comentarios
Lo más