miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A ONU advirte que o cambio de dieta é crucial para combater a crise climática

A ONU advirte que o cambio de dieta é crucial para combater a crise climática
Imaxe de arquivo
A ONU advirte que o cambio de dieta é crucial para combater a crise climática

O informe reclama o troco da alimentación a partir de políticas centradas en impulsar un modelo alimentario diferente

Según informa a ONU, o sistema produtivo de alimentos actual é demasiado contaminante para o planeta. O 23% da contaminación mundial é provocada pola industria agrícula e gandeira, polo que unha redución de carne na nosa dieta suporía unha enorme colaboración para acadar a meta do Acordo de París de manter o quentamento global por debaixo dos dous graos.

No informe, a ONU insta a países como España a impulsar e promover variacións no noso réximen, favorecendo a redución de alimentos cárnicos e actuando en consecuencia do coñecemento que supón saber que, entre un 25% e 30% da comida producida remata no lixo. Unha situación que se se lle pon fin, repercute automaticamente nun menor número de persoas que sofren obesidade e/ou sobrepeso.

Neste documento aprobado tras cinco días de reunións de científicos na 50 sesión del Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático (IPCC, dependiente de Naciones Unidas) destaca a idea de que hai que facer unha "mellor xestión do solo para cobatir a crise climática" e fai chegar un comunicado informando sobre a importacia de aumentar o número de bosques e montes, posto que poden chegar a absorver o 30% do C02 (o principal gas causante do efecto invernadoiro) da atmosfera.

O número de cabezas de gando en España segue medrando e consigo os gases contaminantes que producen estas explotacións, pero según advirte o IPCC non só hai que ter en conta o número de animais destinados á alimentación senón o espazo que conleva a fixación destas fábricas nun espazo idóneo para o que poderían ser pulmóns para o planeta.

Retomar prácticas características de poblacións indíxenas son unhas das propostas que recolle a ONU, xa que según apunta o documento "a súa experiencia pode contribuir aos desafíos que presentan o cambio climático, a seguridade alimentaria, a conservación da biodiversidade e o combate da desertización". Algunhas das zonas que máis están sufrindo estes cambios son algúns países do sur do Mediterráneo e África e advirte que senón se rebaixa a expulsión de gases invernadoiros, rexións no norte de Rusia e Canadá poderán sufrir incesantes plagas e incendios.



Comentarios
Lo más