miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home evacuado por inhalación de fume nun incendio en Sada

Un home evacuado por inhalación de fume nun incendio en Sada
Un home evacuado por inhalación de fume nun incendio en Sada

Foi a chamada dunha persoa particular a que alertaba ao 112 Galicia do suceso pasados uns minutos das 19:30 horas de onte

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a pasada noite a un home con síntomas de intoxicación por mor dun incendio rexistrado na súa vivenda, situada na Rúa Xoán Vicente Viqueira, no concello coruñés de Sada.

Foi a chamada dunha persoa particular a que alertaba ao 112 Galicia do suceso pasados uns minutos das 19:30 horas. No seu relato indicaba que vía saír fume dunha das vivendas do edificio. A partir de aí varios alertantes informaban do mesmo incendio ao 112 Galicia.

De contado, os xestores de emerxencias deron conta dos feitos aos Bombeiros de Betanzos que axiña se desprazaron ata ao lugar. Así mesmo, aínda que os alertantes indicaron que non había xente no interior da suposta vivenda afecta, por precaución, informouse da situación aos servizos sanitarios de urxencia, que tamén mobilizaron unha ambulancia. Os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade tamén formaron parte do operativo.

Finalmente, persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaron ao 112 Galicia que unha persoa ía ser trasladada ata Centro Hospitalario Universitario da Coruña tras resultar afectada pola inhalación do fume provocado.

Tras rematar as tarefas de extinción, os bombeiros indicaron que ardeu a campá extractora, a cociña e os mobles situados nesa estancia.

Comentarios
Lo más