miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha muller sufre unha saída de vía en Aríns

Unha muller sufre unha saída de vía en Aríns
Unha muller sufre unha saída de vía en Aríns

Os bombeiros non tiveron que intervir posto que un ciclista que circulaba por dita estrada axudou á muller a saír do vehículo

Sobre ás 9:00 horas, o 112 Galicia era informado doutra saída de vía na AC-261, no punto quilométrico 6, en Santiago de Compostela. Neste caso, o alertante que chamou ao 112 para pedir axuda, indicou que o seu ocupante non precisaba asistencia sanitaria pero debido á posición na que quedou o turismo, necesitábase axuda para que a persoa puidese saír.

Aínda así, con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso aos servizos sanitarios. Do mesmo xeito, informaron aos Bombeiros de Santiago, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, os bombeiros non tiveron que intervir posto que un ciclista que circulaba por dita estrada axudou á muller a saír do vehículo, que por precaución, foi trasladada ao Centro de Saúde da localidade.

Comentarios
Lo más