Morre un operario cando estaba a facer labores de poda
06:30 09/08/19
06:30 09/08/19
O home foi sorprendido pola caída da árbore mentres facía unha corta
Un operario perdeu a vida na tarde de onte ao ser golpeado por unha árbore mentres realizaba unha poda.
Ás 13:30 horas, os xestores do 112 Galicia recibiron a alerta dun accidente laboral nunha zona de monte da parroquia de San Miguel do Campo. Segundo a información facilitada, o home foi sorprendido pola caída da árbore mentres facía unha corta e, malia os esforzos do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso.