Aparece en Praza de Galicia un peregrino desaparecido dende o mércores no Pino
O home, que pacede algúns problemas de saúde, foi localizado na Praza de Galicia, en Santiago, desorientado e nervioso
Aparece en bo estado o peregrino de orixe estadounidense que a Policía Nacional buscaba desde o mércores, cando foi visto por última vez nun albergue do Pedrouzo, no Pino.
O home, que pacede algúns problemas de saúde, foi localizado na Praza de Galicia, en Santiago, desorientado e nervioso. Foi por iso que, malia ao seu bo estado físico, pediuse a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia para sometelo a unha revisión nun centro médico.
Estaban a piques de dar as catro desta tarde cando unha chamada ao 112 Galicia dos voluntarios de Protección Civil de Santiago, que participaban no operativo de busca activado polas forzas da orde, anunciaba a localización do peregrino americano que percorría o Camiño en compañía dun amigo e do que se perdera a pista o mércores nun albergue do Pedrouzo.
Ao decatarse da súa falta, o compañeiro acudiu ás forzas da orde para comenzar unha busca que rematou esta tarde coa aparición do peregrino na propia meta do Camiño.
Ademais dos axentes da Policía Nacional, prestaron a súa colaboración os voluntarios de Protección Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que asistiron ao peregrino unha vez localizado.