miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Medio Ambiente impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas no marco de "Música en Compostela"

Medio Ambiente impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas no marco de "Música en Compostela"
Medio Ambiente impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas no marco de "Música en Compostela"

Nela expuxéronse os traballos feitos en Galicia, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) fixados pola ONU a través da chamada Axenda 2030

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas, resaltando os impactos do cambio climático a través dunha conferencia que foi impartida esta tarde no marco previo a un concerto do LXII Curso Universitario Internacional Música en Compostela. 

Nela expuxéronse os traballos feitos en Galicia, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) fixados pola ONU a través da chamada Axenda 2030, e convidouse a reflexionar sobre a necesidade de sensibilizar e implicar á sociedade en xeral na cultura do medio ambiente.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, deu o discurso de benvida co que se inaugurou a charla, que baixo o título Música e Desenvolvemento Sostible abordou temas como a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, a Estratexia de Economía Circular de Galicia ou a Estratexia Galega de Desenvolvemento, Axenda 2030 da Xunta de Galicia, todas elas xa en marcha. 

Nesta liña, puxo de manifesto a clave para a aplicación dos ODS, que serven como un elemento de mobilización para persoas, empresas, organizacións non gobernamentais e administracións, proporcionando oportunidades non só no momento presente e interxeneracional, senón tamén para o progreso a futuro. 

Comentarios
Lo más