A I Copa Galo Piñeiro de Xuvenís reúne no campo á SD O Pino, Bertamiráns CF e á SDC Órdenes
15:04 08/08/19
15:04 08/08/19
A entrada é de balde
Este sábado o Campo de Reborado, en Arca, acollerá a I Copa Galo Piñeiro de Xuvenís e reunirá aos equipos da SD O Pino, o Bertamiráns CF e a SDC Órdenes na que competirán polo primeiro trofeo desta edición.
O primeiro deles enfrentará ao SD O Pino contra o Bertamiráns FC, ás 18:00 horas, despois o Bertamiráns FC contra a SDC Órdenes, ás 19:00 horas, e por último a SD O Pino contra a SDC Órdenes, ás 20:00 horas.
A entrada é de balde.