miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Critican a "inactividade, cinismo e pasividade" de Feijóo sobre o conflito de Alcoa

Critican a "inactividade, cinismo e pasividade" de Feijóo sobre o conflito de Alcoa
Critican a "inactividade, cinismo e pasividade" de Feijóo sobre o conflito de Alcoa

Pablo Arangüena sinala que “o goberno socialista de Pedro Sánchez traballou para acadar solucións mentres Feijóo esqueceuse da política industrial para seguir a estratexia partidista do PP”


O vicesecretario xeral do PSdeG e coordinador dos deputados e deputadas socialistas galegos, Pablo Arangüena, sinalou onte que ao longo da crise de Alcoa "contrastou o compromiso e involucración da ministra Maroto coa pasividade e inactividade de Feijóo". Engadiu que "a Feijóo e ao seu conselleiro parece que lles disgustou que aparecese un inversor para Alcoa, porque eles decían que non o habería".

O responsable socialista sinala que “semella que Feijóo non se alegra de que se conseguira un inversor para Alcoa dez meses despois de que a multinacional anunciara o peche definitivo". Arangüena conclúe que "o goberno do PP deixou unha herdanza de problemas, e o ministerio de industria traballa en buscar avances e solucións para manter os postos de traballo"

Os socialistas destacan que o goberno do Principado de Asturias “coopera e recoñece o traballo feito polo Ministerio na crise de Alcoa”, mentres Feijóo “dedícase a seguir a estratexia partidista do PP contra Pedro Sánchez e o goberno central”.

Esta semana a ministra Maroto tivo una axenda institucional de visita aos concellos de Santiago e Coruña cos seus respectivos alcaldes, e previamente mantivo un encontro co secretario xeral do PSdeG e outros cargos, con “total normalidade e respecto institucional”.

O problema é, subliña, que "Feijóo non asumiu ben que os socialistas gañaramos ás eleccións, e peor que o ministerio avanzase seriamente no estatuto para as electrointensivas mentres o goberno de Rajoy non fixera nada". O PP de Galicia –concluíu- está “moi nervioso polo seu retroceso electoral”, pero "o PP debería recoñecer que o ministerio traballou ben para salvar a Alcoa do escenario de peche definitivo e para manter o emprego"

Comentarios
Lo más