miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatada unha persoa na súa vivenda de Coristanco

Rescatada unha persoa na súa vivenda de Coristanco
Rescatada unha persoa na súa vivenda de Coristanco

O ferido foi trasladado nunha ambulancia dos servizos sanitarios ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña

Os servizos de emerxencia de Coristanco rescataron a pasada noite da súa vivenda a un home que, ao parecer, levaba varias horas caído no solo da súa vivenda situada no lugar de Cereixa na parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco. Así o relataban os técnicos sanitarios cando, sobre as 21:00 horas chamaron ao 112 Galicia para informar dunha persoa caída nun domicilio e con dificultades de acceso.

De inmediato, os xestores de emerxencias do CIAE 112 Galicia, solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Bergantiños e dos axentes da Garda Civil. Ademais, foi requirida tamén a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tras finalizar a súa intervención, os membros de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que foi preciso romper un cristal da porta para acceder á vivenda e auxiliar ao home.

O ferido foi trasladado nunha ambulancia dos servizos sanitarios ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Comentarios
Lo más