miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha muller faleceu en Cabanas tras sufrir un golpe cunha póla dunha árbore caída

Unha muller faleceu en Cabanas tras sufrir un golpe cunha póla dunha árbore caída
Unha muller faleceu en Cabanas tras sufrir un golpe cunha póla dunha árbore caída

Foron as chamadas de varias persoas particulares as que alertaban ao 112 Galicia do sucedido

Unha muller perdeu a vida cando paseaba polo Paseo da Magdalena, tras caerlle unha póla enriba da cabeza, no concello coruñés de Cabanas.

Foron as chamadas de varias persoas particulares as que alertaban ao 112 Galicia do sucedido. Nelas, solicitábase asistencia sanitaria urxente para a persoa e medios para facilitar o rescate da muller que presentaba lesións graves.

Por iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, solicitouse a colaboración do persoal sanitario que mobilizaron ata o lugar do sinistro unha ambulancia medicalizada. Ademais, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Finalmente, pese os esforzos do equipo sanitario alí desprazado, só se puido confirmar o falecemento da muller.

Comentarios
Lo más