A Marea Cidadá propón priorizar a Ambulancia da Cruz Vermella
No pleno deste venres 9, o equipo de goberno levará ao Pleno a solicitude dun crédito extraordinario de 250.000 euros para afrontar o custe das festas locais, tras ter esgotado todo o orzamentado
A Marea Cidadá de Noia presentará unha enmenda no pleno deste venres para que o Concello asuma dunha vez o custe do acordo con Cruz Vermella.
A ambulancia da Cruz Vermella veu dando un servizo de enorme importancia ó conxunto da cidadanía noiesa ao longo dos últimos anos. Dende o 28 de febreiro esta Ambulancia está inoperativa, e tras os contactos abertos pola Marea Cidadá, Cruz Vermella aceptou manter a ambulancia se o Concello se facía cargo do custe do persoal.
No pleno deste venres 9, o equipo de goberno levará ao Pleno a solicitude dun crédito extraordinario de 250.000 euros para afrontar o custe das festas locais, tras ter esgotado todo o orzamentado. Dende a Marea Cidadá de Noia, presentaremos unha enmenda para pedir que 27.000 deses 250.000 euros sexan destinados á Cruz Vermella, co obxectivo de volver a ter operativa a Ambulancia antes referida. .
Dende a Marea entendemos que é fundamental manter ese servizo de ambulancia, e que non podemos cometer a irresponsabilidade de gastar de máis nas festas cando hai servizos tan importantes para a cidadanía que non se están a prestar.